En Golfiño cumprimos coas obrigas ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) e no desenvolvemento da RSE (Responsabilidade Social Empresarial).
Que é?
O termo responsabilidade social empresarial (RSE) fai referencia ao bo goberno da empresa, a unha xestión ética e sustentable e, máis amplamente, ao conxunto de compromisos de carácter voluntario que unha empresa adquire para xestionar os seus impactos no ámbito laboral, social, ambiental e económico, facendo isto compatible co obxectivo financeiro tradicional de obtención do máximo beneficio.
A RSE non debe ser entendida nin como un comportamento altruísta por parte da empresa nin como un instrumento publicitario para mellorar a súa imaxe, senón como unha forma de xestión da empresa que implica a súa colaboración coa sociedade, incorporando as preocupacións desta como parte da súa estratexia de negocio e asumindo o compromiso de dar conta das súas actuacións coa adecuada transparencia.
Non existe unha única definición de responsabilidade social empresarial, polo que se adoita tomar de partida a establecida pola Comisión Europea no seu Libro Verde para Fomentar un marco europeo para a RSE das empresas, do 18 de xullo de 2001. Di así: a RSE é un concepto a través do cal a empresa integra de forma voluntaria as preocupacións sociais e ambientais nas súas operacións de negocio e nas súas relacións cos grupos de interese. Engade que ser socialmente responsable non significa cumprir as obrigas xurídicas, senón tamén ir más aló investindo máis no capital humano, na contorna e nas relacións cos interlocutores.
Ser máis responsables social e ambientalmente beneficia e compete a todo tipo de empresas, non só ás grandes corporacións. As compañías líderes, as que contan con mellor reputación, xa teñen integrada a RSE nas súas estratexias dende hai tempo. Neste sentido, resulta clave a formación e o compromiso dos equipos directivos, que serán os encargados de implementala de maneira eficaz en todas as áreas de xestión.
A RSE como elemento estratéxico:
Aumenta a presión regulatoria en materia de ASG en ámbitos que, ata hai pouco, eran de carácter voluntario. As empresas deben prepararse para responder a estas demandas.
Os mercados de investimento e finanzamento inclínanse a favor de negocios que integren criterios ASG (Ambientais, Sociais e de Gobernanza).
Clientes, consumidores e sociedade xeral teñen cada vez unha maior sensibilización cara á responsabilidade das empresas.
As grandes organizacións establecen requirimentos ASG nas súas cadeas de valor, o que impulsa o posicionamento en sustentabilidade do tecido empresarial.