hagamos algo juntos

Llámenos o visítenos en cualquier momento, nos esforzamos por responder a todas las consultas dentro de las 24 horas de los días hábiles.

Sede

Lugar de Touro, nº 1 – bajo, potal 2
Sta. Uxía de Riveira, 15960
A Coruña, España

Email

info@xestiondeocio.com

Teléfonos:

630 065 790
630 065 890

, ,

Illas Atlánticas, as Illas Sostibles

  • By Golfiño Xestión de Ocio
  • noviembre 9, 2023
  • 32 Views

Baixo o nome “Illas Atlánticas, as Illas Sostibles” levamos a cabo un ambicioso proxecto multidisciplinar de Educación Ambiental que, a través do xogo, divulguou os valores e a importancia que ten o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia na conservación ambiental da nosa flora e fauna.

O proxecto de turismo sostible que propuxemos consistiu nunha serie de actividades dirixidas a nenos e nenas e as súas familias que querían gozar da natureza e a cultura do parque nacional das illas atlánticas de Galicia. O obxectivo foi que os participantes coñeceran a riqueza ecolóxica e patrimonial deste espazo protexido, así como os valores da sustentabilidade, o respecto ao medio ambiente, a igualdade de xénero, a inclusión, o deporte e a dinamización do noso entorno.

Os contidos que trasladamos coas nosas actividades foron dirixidos principalmente aos nosos usuarios diana, que son as FAMILIAS e as NENAS e NENOS.

Para levar a cabo o proxecto “Illas Atlánticas, as Illas Sostibles” tivemos en conta as seguintes claves:

  • Na natureza, os nenos aprenden:

Non podemos esquecer que a natureza é un lugar fundamental no que os pequenos poden aprender e desenvolven moitas habilidades e competencias, como a sensibilidade, a empatía, o traballo en equipo… Ademais, é un lugar de motivación e experimentación, xa que anima aos nenos para esculcar e ser os protagonistas da súa aprendizaxe.

  • As contornas naturais ensinan valores

O coidado da natureza axuda aos nenos para traballar a responsabilidade, pero tamén reforza a súa autoestima. Cando lles falamos do importante que é o seu papel nesta loita contra a contaminación, senten especiais e, sobre todo, útiles.

  • A concienciación é o primeiro

Dado o importante que é a educación ambiental para os nenos, nunca é demasiado pronto para empezar a traballar sobre ela. Desde a máis tenra infancia, xa lles podemos falar aos nenos sobre os plásticos, a reciclaxe ou a contaminación.

  • Debemos dar exemplo aos nenos

Ademais non podemos esquecer que o primeiro paso para lograr que os nenos se conciencien sobre a importancia de coidar o medio ambiente é estar concienciados nós mesmos (monitorado, pais e nais, profesorado e outros adultos que formen parte da vida dos nenos) sobre a necesidade de que as nosas accións sexan cada vez máis ‘ecofriendly’.

Non podemos esquecer que somos guía de comportamento dos pequenos e, por tanto, debemos ser os primeiros que se involucren no coidado ambiental.

Un dos primeiros conceptos e valores que lle transmitimos ás familias e a contaminación tan grande que fai o uso abusivo dos coches; polo tanto, recomendamos que traian ás nenas e aos nenos ás actividades ou camiñando ou en bicicleta.

Ir ás actividades sen coche.

Unha das cousas que máis contamina o medio ambiente é o coche, polo que lles explicamos á rapazada e ás súas familias o efecto do coche e que se pode reducir a contaminación utilizando o transporte público, vindo camiñando ou utilizando a bici. Sempre que sexa posible.

Fomentar o uso da bicicleta

Montar en bicicleta é unha actividade que lles encanta aos nenos e máis se a realizan en compañía dos seus pais por iso, é importante que desde pequenos tomen o uso da bicicleta como un hábito saudable tanto para eles como para o medio ambiente e se conciencien do perigo dos gases que emiten á atmosfera outros vehículos como os coches.

Para fomentar o uso da bicicleta fixemos unha rima que a tiñamos pegada nunha parede das instalacións:

Ir en bicicleta ao campamento
é unha aventura moi divertida
podes gozar da paisaxe e o vento
e sentir a natureza na túa vida.

 O mellor é ir cunha boa equipaxe
e cunha compañía agradable
así se fai máis levadío a viaxe
e compártense momentos inolvidables

 

ORDE DO 26 DE ABRIL DE 2023 MT821A DE AXUDAS NO AIS NO PNMTIAG CO CARGO AO PRTR, FINANCIADO POLA UE CON FONDOS NEXT GENERATION

Illas Atlánticas. As Illas Sostibles

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *