hagamos algo juntos

Llámenos o visítenos en cualquier momento, nos esforzamos por responder a todas las consultas dentro de las 24 horas de los días hábiles.

Sede

Lugar de Touro, nº 1 – bajo, potal 2
Sta. Uxía de Riveira, 15960
A Coruña, España

Email

info@xestiondeocio.com

Teléfonos:

630 065 790
630 065 890

, ,

Novo Curso Oficial de Monitorado de Tempo Libre en Ribeira

  • By Golfiño Xestión de Ocio
  • octubre 3, 2024
  • 880 Views

Organiza: Asociación Solidaria en Actividades de Ocio e Tempo Libre Mar do Touro.

Imparte Escola Oficial de Tempo Libre Illas Atlánticas.

A Escola Oficial de Tempo Libre Illas Atlánticas é unha escola habilitada pola Xunta de Galicia que está inscrita e autorizada no Rexistro de Escolas de tempo libre de Galicia.

A titulación é oficial e homologada pola Xunta de Galicia

Lugar de realización: Na aula de formación da ETL Illas Atlánticas. (Lugar Touro, nº 1 Baixo, Ribeira).

Duración do curso:

Fase teórica: 200 horas

Fase práctica: 150 horas.

Horarios: de 09:00 – 14:00 e 16:00 – 21:00 h.

Datas presenciais do curso: (Ano 2024)

Outubro: 26.

Novembro: 1, 2, 9, 16, 23 e 30.

Decembro: 6, 7, 14 e 21.

Formación Mixta: Haberá clases presenciais e clases online con horario flexible para auto-organización por parte do alumnado. Haberá vídeo chamadas.

Equipo necesario para as sesións online:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás video chamadas grupais.

 

Obxectivo:

Titular a maiores de idade (18 anos cumpridos) cunha titulación oficial homologada de monitor/a en actividades de tempo libre para poder traballar en actividades de tempo libre tales como campamentos, ludotecas, comedores escolares, festas infantís,…

Requisitos do alumnado:

Ser maior de 18 anos e acreditar, como mínimo ESO, FP1 ou equivalente.

Prezo:

270 € por persoa participante.

 

Número de participantes.

Mínimo: 15 alumnos/as.

Máximo: 25 alumnos/as.

 

Información e inscrición:

Escola de Tempo Libre Illas Atlánticas. Golfiño Xestión de Ocio.

Teléfono: 630 065 790 – 630 065 890 (polas tardes)

E-mail: info@escoladasillas.com

 

Para inscribirse hai que:

  • Cubrir a ficha de inscrición.
  • Copia do DNI.
  • Copia de estudos (mínimo ESO).
  • 1 fotografía a cor tamaño carné.
  • Copia de pago da matrícula.

 

Datos de interese:

  • Segundo o Decreto 50/2000 que regula os cursos de tempo libre está permitida a falta do 20 % (40 horas) das horas totais do curso, non podendo superalas en ningún momento.
  • Unha vez rematada a parte teórica de 200 horas e o alumnado lograra o APTO, teñen 2 anos para realizar a parte práctica.
  • A ETL Illas Atlánticas facilitará as prácticas a todo o alumnado que así o desexe.
  • Antes de empezar a fase práctica o alumnado debe facer un proxecto de prácticas.
  • Ao finalizar a fase práctica terá que presentar unha memoria das actividades levadas a cabo e un certificado do seu titor/a conformando que sí as realizou con satisfacción.
  • A Xunta de Galicia solicita pola emisión da titulación oficial unhas taxas que deberá aboar cada alumno/a ao finalizar a fase práctica e estar APTO/A.

2 thoughts on “Novo Curso Oficial de Monitorado de Tempo Libre en Ribeira”

  1. Hola, estaba interesado en hacer el curso. Dispongo de certificado de ESO. Tengo una discapacidad del 49 porciento debido a la falta de la mano izquierda.
    Gracias

    1. Hola. Sin problema. Puedes realizar el curso perfectamente.
      De todas formas, te mandaremos toda la información a tu correo electrónico.
      Un saludo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *