PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NATURAL DA ENCIÑA DA LASTRA
A actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), nun 80%, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
O programa que presentamos a realizar durante fins de semana do mes de setembro de 2016, pretende ademais de sensibilizar á poboación do valor do medio no que se atopan, acadar unha conciencia de preservación do mesmo que se interiorice para traballar en pró de diminuír os riscos da conservación da biodiversidade.
LOCALIZACIÓN DO PROGRAMA
Levarase a cabo na comarca de Valdeorras, centrando as actividades nos concellos de Rubiá e do Barco, nos principais paraxes naturais.
Aloxamento en Casa Chao do Prado. Vilar de Silva. Rubiá.
ACTIVIDADES A DESENVOLVER
– Visita ao centro de interpretación de biobra.
– Roteiros de recoñecemento e interpretación ambiental na serra da enciña da lastra.
– Observación e identificación de flora e fauna.
– Retirada de especies alóctonas.
– Rehabilitación e limpeza de sendeiros.
– Limpeza de vertedoiros incontrolados.
INFORMACIÓN PARA O VOLUNTARIADO
No seguinte documento adxunto tes toda a información necesaria para chegar ao lugar de realización da actividade. PINCHA AQUÍ