PROXECTO EDUCATIVO
O PARQUE NA ESCOLA E A ESCOLA NO PARQUE
EIXOS PRINCIPAIS DO PROXECTO:
- COÑECEMENTO DO PN.
Nas aulas os alumnos coñecerán o Parque Nacional, mediante unhas sesións lúdicas de presentación das illas, e centrarémonos na illa de Sálvora.
Os alumnos deberán facer creacións sobre a mesma: banda deseñada e /ou creación artísticas.
As datas para levar a cabo este proxecto son: 4, 5, 6 e 7 de abril de 2016.
- VIAXE Á ILLA.
Partindo da aprendizaxe experiencial, e da nosa filosofía de traballo, que ten nos campamentos unha gran base educativa, partiremos cun grupo de 150 nenos e nenas do Colexio Galaxia a pasar un día completo na illa.
Esta será a forma de dar continuidade á aprendizaxe nas aulas e poder facer cos nenos e nenas actividades no entorno da illa.
A data para levar a cabo esta viaxe é o 29 de abril de 2016.
- TODOS GAÑAMOS APRENDENDO.
A aventura de pasar un día en Sálvora, será para unha pequena representación dos participantes no proxecto, pero todos merecen unha compensación, que se levará a cabo o día 8 de abril de 2016, cunha gran xornada lúdica.
Así o proxecto dividirase en varias partes:
- Presentación do proxecto no colexio Galaxia:
- Un total de 360 nenos e nenas do colexio Galaxia serán o público diana central da actividade que propoñemos.
- Os cursos a participar serán desde infantil ata 6º de primaria.
OBXECTIVOS
- Dar a coñecer o Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas entre os escolares do municipio.
- Entender que é un parque Nacional e a importancia de preservar o mesmo.
- Coñecer os arquipélagos que conforman o Parque, e os municipios de influenza.
- Inculcar o respecto e o gusto polo medio natural e por espazos protexidos.
- Coñecer a illa de Sálvora con detemento.
- Impulsar a I CARREIRA POLA CONSERVACIÓN DO PARQUE NACIONAL.
METODOLOXÍA DE TRABALLO
Sendo a aprendizaxe e a pedagoxía lúdica, o puntal base da transmisión de contidos da Escola Illas Atlánticas, todas as actividades a por en marcha, gozarán dunha parte explicativa que correrá a cargo do equipo de monitorado e guías do parque nacional que conforman o equipo de traballo da escola Illas Atlánticas.
O fundamental e que os cativos non só recorden o concurso ou a festa, senón que aprendan os coidados a ter presentes nos espazos naturais, así como a pertenza ao noso entramado cultural.