hagamos algo juntos

Llámenos o visítenos en cualquier momento, nos esforzamos por responder a todas las consultas dentro de las 24 horas de los días hábiles.

Sede

Lugar de Touro, nº 1 – bajo, potal 2
Sta. Uxía de Riveira, 15960
A Coruña, España

Email

info@xestiondeocio.com

Teléfonos:

630 065 790
630 065 890

, ,

Curso Oficial de Monitorado de Tempo libre 2026

  • By Golfiño Xestión de Ocio
  • febrero 9, 2026
  • 1 Views

Nova convocatoria do Curso Oficial de Monitorado de Tempo Libre.

Fixemos un acordo de colaboración co Concello de Ribeira, para que a formación sexa levada a cabo na Casa da Xuventude e cunha cota de inscrición máis económica.

Organiza: Concellería de Xuventude do Concello de Ribeira e Asociación Solidaria en Actividades de Ocio e Tempo Libre Mar do Touro.

Imparte Escola Oficial de Tempo Libre Illas Atlánticas.

A Escola Oficial de Tempo Libre Illas Atlánticas é unha escola habilitada pola Xunta de Galicia que está inscrita e autorizada no Rexistro de Escolas de tempo libre de Galicia. (Nº Rexistro G 72)

A titulación é oficial e homologada pola Xunta de Galicia

Lugar de realización: Na aula de formación da Casa da Xuventude de Ribeira. (Avda. Constitución s/n. 15960, Ribeira).

Duración do curso: 300 horas.

Fase teórica: 200 horas

Fase práctica: 150 horas.

Horarios: de 09:00 – 14:00 e 16:00 – 21:00 h.

Datas presenciais do curso:

Febrero: 28
Marzo: 7, 14, 21 e 28.
Abril: 11, 18 e 25.
Maio: 2, 9 e 16

 

Formación Mixta: Haberá clases presenciais e clases online con horario flexible para auto-organización por parte do alumnado. Haberá videochamadas.

Equipo necesario para as sesións online:

Será necesario dispoñer de dispositivo con conexión a internet, cámara e micrófono para a asistencia ás videochamadas grupais.

 

Obxectivo:

Titular a maiores de idade (18 anos cumpridos) cunha titulación oficial homologada de monitor/a en actividades de tempo libre para poder traballar en actividades de tempo libre tales como campamentos, ludotecas, comedores escolares, festas infantís,…

 

Requisitos do alumnado:

Ser maior de 18 anos e acreditar, como mínimo ESO, FP1 ou equivalente.

Prezo:

Desde 195 € ata 280 € por persoa participante. (Preguntar condicións)

Número de participantes.

Mínimo: 15 alumnos/as.

Máximo: 25 alumnos/as.

 

Información e inscricións:

Casa da Xuventude de Ribeira

Teléfono: 981 83 52 89

E-mail: xuventude@ribeira.gal

 

Para inscribirse hai que:

  • Cubrir a ficha de inscrición.
  • Copia do DNI.
  • Copia de estudos (mínimo ESO).
  • 1 fotografía a cor tamaño carné.
  • Copia de pago da matrícula.

Datos de interese:

  • Segundo o Decreto 50/2000 que regula os cursos de tempo libre está permitida a falta do 20 % (40 horas) das horas totais do curso, non podendo superalas en ningún momento.
  • Unha vez rematada a parte teórica de 200 horas e o alumnado lograra o APTO, teñen 2 anos para realizar a parte práctica.
  • O Concello de Ribeira e a ETL Illas Atlánticas facilitarán as prácticas a todo o alumnado.
  • Antes de empezar a fase práctica o alumnado debe facer un proxecto de prácticas.
  • Ao finalizar a fase práctica terá que presentar unha memoria das actividades levadas a cabo e un certificado do seu titor/a conformando que sí as realizou con satisfacción.
  • A Xunta de Galicia solicita pola emisión da titulación oficial unhas taxas que deberá aboar cada alumno/a ao finalizar a fase práctica e estar APTO/A.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *