hagamos algo juntos

Llámenos o visítenos en cualquier momento, nos esforzamos por responder a todas las consultas dentro de las 24 horas de los días hábiles.

Sede

Lugar de Touro, nº 1 – bajo, potal 2
Sta. Uxía de Riveira, 15960
A Coruña, España

Email

info@xestiondeocio.com

Teléfonos:

630 065 790
630 065 890

Novo Decreto de Xuventude de Galicia

  • By
  • abril 20, 2017
  • 213 Views

A Xunta abre un proceso de participación para o desenvolvemento da Lei de xuventude de Galicia

O novo decreto regulará os servizos de información, a formación, as actividades, as instalacións e os carnés de servizos en materia de xuventude

Todo o mundo interesado está convidado a participar no proceso.

A Consellería de Política Social está a traballar na elaboración dunha nova normativa en materia de xuventude para responder a moitas das necesidades e demandas que existen na actualidade neste ámbito. Así, o novo decreto desenvolverá os seguintes aspectos xa contemplados na Lei de Xuventude de Galicia: a información xuvenil, a formación da mocidade, as actividades dirixidas a este colectivo, as instalacións xuvenís e os carnés de servizos para a xuventude.

Así, e co obxectivo de coñecer e contar coa opinión, inquedanzas e necesidades dos distintos axentes implicados neste ámbito, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre un proceso de participación que articula a través da organización de sesións de traballo con esta temática, un espazo web como canle de información, unha caixa de correos electrónicos específica e, para recoller as conclusións, o III Foro aberto do tempo libre.

Somos Tempo Libre

A finalidade é que a normativa que resulte sexa froito da implicación activa da cidadanía interesada e do consenso. De feito, este proceso está aberto á participación da cidadanía en xeral, e en particular, a técnicos e informadores xuvenís, escolas de tempo libre, monitores e directores de tempo libre, asociacións e entidades que presten servizos á xuventude, titulares de instalacións xuvenís ou empresas que traballan no ámbito da xuventude.

Están fixadas cinco xuntanzas, catro tiveron lugar neste mes de abril e a outra será en maio. A última das reunións terá lugar na Escola Galega de Administración Pública en Santiago o vindeiro 2 de maio.

O horario común a todas as xuntanzas de traballo será o seguinte: formación e actividades xuvenís, de 16:30 A 18:30 horas; e instalacións xuvenís, de 18:30 a 20:00 horas.

As inscricións hai que facelas cubrindo o formulario que está no seguinte enlace, e como máximo tres días antes da celebración.

http://xuventude.xunta.es/novo-decreto-de-xuventude?id=8747

 

Somos Tempo Libre Letras

Somos Tempo Libre Pictograma

Paralelamente a este proceso posto en marcha desde a Xunta, a plataforma SOMOS TEMPO LIBRE, que nace co obxectivo principal da posta en valor do Tempo Libre en todos os seus ámbitos, fai as súas reunións e as súas aportacións.

Esta plataforma xurdiu nas xornadas do Interactuando 2016. Camiñamos paseniño dende aquela coa intención de construír un colectivo sólido, representativo e duradeiro.

Desde a plataforma Somos Tempo Libre fan a seguinte convocatoria:

O vindeiro domingo 23 de abril, ás 17:00, na residencia Monte da condesa de Compostela, celebrarase unha xuntanza do colectivo Somos Tempo Libre, na que se desenvolverá a seguinte orde do día:

  1. Benvida ás novas compañeiras/os, traxectoria do colectivo ata hoxe e organización e funcionamento do grupo.
  2. Lectura da acta anterior.
  3. Decreto 50/2000, – Achegas dende Somos Tempo Libre. – Novas addendas.
  4. Xuntanzas desenvolvidas, – Delegación de Política Social en Pontevedra. – Sesións de traballo novo Decreto de xuventude en Ourense e Lugo.
  5. Vindeiros pasos, – Obxectivos – Accións – Visibilidade
  6. Outros.
  7. Asignación de tarefas.

Para participar nesta xuntanza hai que mandar un email a somostempolibregalicia@gmail.com

 

Si queres ver toda a documentación sobre a que se está a traballar e un adianto do borrador do novo decreto,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *