hagamos algo juntos

Llámenos o visítenos en cualquier momento, nos esforzamos por responder a todas las consultas dentro de las 24 horas de los días hábiles.

Sede

Lugar de Touro, nº 1 – bajo, potal 2
Sta. Uxía de Riveira, 15960
A Coruña, España

Email

info@xestiondeocio.com

Teléfonos:

630 065 790
630 065 890

Recursos sobre os Xogos Tradicionais Galegos

  • By
  • julio 7, 2017
  • 14 Views

Nace a primeira base de datos en liña sobre o patrimonio lúdico 

200 RECURSOS SOBRE OS XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS

(www.xogostradicionais.gal) 

Guía de recursos

A páxina inclúe empresas, asociacións, clubs, centros educativos, fabricantes de xoguetes… ata un total de dous centenares de recursos de toda índole

  Presentación páxina

–       A primeira base de datos en liña sobre o xogo tradicional de Galicia foi presentada co patrocinio do Consello da Cultura Galega.

–       Trátase dunha fonte de recursos á que calquera persoa interesada pode acudir na busca dunha información, dunha investigación existente, dunha empresa á que contratar, dun fabricante de xoguetes tradicionais, dunha experiencia…

–       A páxina pretende dar resposta a unha necesidade cada vez máis evidente de información sobre o patrimonio lúdico galego.

Xogo das chapas Golfiño Xestión de Ocio

–       A iniciativa é froito da colaboración de diferentes entidades galegas que participan en proxectos comúns de investigación e divulgación do xogo tradicional.

–       Paralelamente, estas entidades crearon a marca “Patrimonio lúdico galego” para dotar de forma as actividades sobre o xogo tradicional galego que proliferan por toda Galicia.

–       O patrimonio lúdico galego é un dos máis ricos, en cantidade e calidade dos xogos, de toda a Península Ibérica.

–       Galicia está representada, desde os albores do século XXI, por tres entidades na Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais.

–       A páxina pode localizarse en www.xogostradicionais.galwww.xogospopulares.gal

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.