Inicio Contactar Área de Descarga Área Multimedia Área Privada
Idioma Castellano
:: A Empresa
:: Ocio e Tempo Libre
:: Ocio e Tempo Libre
:: Actividades Extraescolares
:: Actividades Extraescolares
:: Animación
:: Animación
:: Formación
:: Formación
:: Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios
:: Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios
 
ACTIVIDADES AMBIENTALES
 
AVENTURA
 
CAMPAMENTO URBANO
 
CAMPAMENTOS
 
RUTAS
 
>SUBIR  
EVENTOS
CURSOS
FORO
GALERÍA
EMPREGO
 
 
 
 
A Empresa | Ocio e Tempo Libre | Actividades Extraescolares | Animación | Formación | Intervención Social e Desenvolvemento Comunitario | Aviso Legal

 

ACTIVIDADES MEDIAAMBIENTAIS
Día da Natureza
Día da NATUREZA

Esta xornada en plena natureza está deseñada para que os nenos e nenas vivan unha experiencia na cal vexan “in situ” todo o que aprenderon na aula.
Todas as nosas actividades están deseñadas e realizadas por persoal cualificado (biólogos, mestres, monitores, etc.) para que sexan un complemento perfecto dentro da formación dos escolares.

Descrición das actividades.
Actividades de educación ambiental (percorrido interpretativo con caderno de campo, xogos, animais, etc.). Xincana (xogos predeportivos, de paracaídas, paseo a cabalo, etc.)

Participantes.
Alumnos de Infantil e Primaria.

Estas xornadas en contacto coa natureza, proporcionan aos mozos e ás mozas unha experiencia moi difícil de esquecer, ademais de supoñer unha maneira excelente de fomentar a convivencia entre os alumnos /as do centro.

Durante a xornada de multiaventura os participantes realizan diferentes actividades. Todas elas con total seguridade e realizadas por monitores e monitoras expertos e con ampla experiencia.

Obxectivos:
Realizar unha xornada de convivencia promovendo a relación interpersoal en contacto co medio natural, descubrindo e practicando novos deportes.

Metodoloxía:
Activa e participativa, respectando as particularidades individuais e evitando a competitividade.

Perfil do participante:

Mozos e mozas, alumnos de E.S.O., Bacharelato, etc.

Descrición das actividades:

Rapel, tirolina, tiro con arco, equitación en picadeiro e actividade de orientación.
Existe a posibilidade de comer e merendar na instalación.

Datas:
Durante todo o ano previa reserva.

Participantes:
Grupos desde 25 participantes.

Día MultiAventura
Día Multiaventura
>> ARRIBA  
 
Aventura
AVENTURA

“Aprendamos a gozar da natureza e teremos algo importante que ensinarlles aos nosos fillos.”

Propoñémosche coñecer a Comarca do Barbanza (Arousa Norte), dunha forma diferente…

AVENTURA

Programas especiais

Programas non convencionais que permitirán que admires a paisaxe e a fauna a través de actividades con aventura.

En Golfiño Xestión de Ocio pensamos que as actividades ao aire libre son unha das mellores formas de achegarnos ao descubrimento da natureza, fomentando así a vida ao aire libre e a aventura.

¿Queres vivir unha aventura?

Durante os nosos programas os visitantes poderán afondar os seus coñecementos sobre a nosa paisaxe e a nosa fauna, a través de charlas interpretativas a cargo dos nosos guías, gozando de diferentes aspectos da nosa zona, desde os seus máxicos solpores, o contraste cos días de calma e os temporais duros de inverno, o silencio, as súas augas cristalinas...

multiaventura

En todo momento poderemos vivir e gozar de cada un destes atractivos dun xeito máis activo e en pleno contacto coa natureza.

Entre outras, estas son algunhas das actividades que lle podemos ofrecer:

Trekking, kayac de mar, bicicleta de montaña, travesías, barranquismo, escalada, vela lixeira...

MULTIAVENTURA
multiaventura
>> ARRIBA  
 
Campamento URBANO
campamento URBANO

É unha oferta de Lecer educativo, para nenos e nenas, que consiste na realización dun campamento na propia cidade.

CARACTERÍSTICAS DO CAMPAMENTO URBANO

O Campamento Urbano formúlase coma un campamento totalmente ABERTO e LIBRE, no que non hai ningún motivo polo que se discrimine a asistencia a ningún neno/a, polo que ten vocación de ser un campamento de integración.

Ademais a participación no campamento por parte dos rapaces/as pode ser a tempo completo ou ben só nalgunhas das actividades de xeito que se favoreza a asistencia de rapaces/as con pouca dispoñibilidade temporal.

A CIDADE é o eixo central do Campamento, e todas as actividades e xogos fanse dentro do marco da cidade, posto que este espazo presenta unha morea de oportunidades que están infrautilizadas, en moitos casos por descoñecidas.

campamento URBANO

HORARIOS

As actividades realizaranse en horario de mañá e de tarde, salvo os días de excursión que o rapaces/as comerán no Campamento, e as fins de semana que non haberá actividade.

DESTINATARIOS

O Campamento Urbano é unha actividade que se destina aos máis pequenos.
Permítelles participar nun campamento e ao tempo durmir no seu domicilio.

AS ACTIVIDADES

En liñas xerais :

Toda a proposta de actividades enmarcarase dentro do centro de interese, que servirá como elemento integrador de todas as actividades, de xeito que teñan coherencia e aparezan de cara aos rapaces/as coma unha aventura organizada. A finalidade última deste centro de interese é motivar a participación dos rapaces/as.

campamento URBANO

Todas as actividades do campamento pretenden, entre outras cousas, responder aos seguintes criterios:

  • que os rapaces/as redescubran a cidade, as súas posibilidades e servizos sempre a través do xogo, e non a través de "visitas culturais".
  • achegarse a coñecer fisicamente o maior número de espazos posibles da cidade.
  • coñecer alternativas de lecer que os rapaces/as poidan seguir realizando durante o ano.
  • que os nenos/as sexan protagonistas das actividades, non espectadores.

Dentro da estrutura do campamento ofértanse diferentes tipos de actividades articuladas en función dos momentos: mañás, tardes e días de excursión.

Actividades das mañás:

Estas actividades desenvólvense fundamentalmente coa estrutura de grandes xogos de animación, nos que aos rapaces/as se lles presenta un reto ou aventura a conseguir ou descubrir.

A ambientación de todos os días reproducirá unha máquina do tempo que levará aos rapaces a diferentes momentos da Historia: cada día xogaremos a ser de diferentes culturas (exipcios, gregos, historia medieval...)

Faise especial fincapé en utilizar o meirande número de espazos da cidade para a realización destas actividades: parques, prazas, instalacións públicas...

De forma transversal introdúcense contidos de coñecemento da cidade, ofertas, servizos, dereitos e deberes dos cidadáns...

Actividades das tardes:

Polas tardes realízase unha oferta libre de actividades, de xeito que sexan os rapaces/as os que escollan a que actividades queren ir. Nesta oferta incluirase a participación de colectivos da cidade (federacións deportivas, asociacións...), e programas concretos de descubrir a cidade.

Excursións:

A o longo de todo o campamento faranse varias excursións a diferentes espazos da cidade.

>> ARRIBA  
 
campamentos
CAMPAMENTOS

Os campamentos de GOLFIÑO Xestión de Ocio pretenden ser unha alternativa real aos tradicionais campamentos, imprimindo un carácter creativo, plural e participativo, dedicándolle o máximo interese á vida en convivencia.

O obxectivo básico dos campamentos é facilitarlle á mocidade a participación en actividades de tempo libre, desenvolvendo un programa de actividades de carácter socio-cultural, recreativo, formativo, de convivencia....

Os procesos de ensino non poden quedar reducidos ás catro paredes da aula se desexamos conseguir unha educación integral do neno e da nena. Pretendemos, por isto, ofrecer recursos para a mellora da calidade e a renovación pedagóxica do ensino. Achegar a escola ao medio natural e servir de soporte aos programas establecidos, con actividades que serían dificilmente realizables no colexio.

OBXECTIVOS.

  • Alternativa lúdica, educativa e integrada no medio.
  • Maior coñecemento do hábitat, diferente ao que lle é habitual e contacto coa natureza.
  • Facer especial fincapé na educación medio ambiental, reforzando os valores ecolóxicos.
  • Potenciar a creatividade e imaxinación.
  • Desenvolver a cooperación, solidariedade e comunicación co grupo (traballo en equipo).
  • Facilitar a posibilidade de autovalerse para desenvolver as tarefas diarias sen a protección familiar.
  • Ampliar as súas relacións sociais (novas amizades).
  • Ter vivencias en diferentes tipos de actividades físico-deportivas no medio natural.
  • Fomentar o coñecemento e o respecto da natureza.

A duración dos campamentos:

Fins de semana: (Tres días e dúas noites). Este tipo de campamentos recoméndase como primeira toma de contacto ou como “premio” a unha clase ou curso ao final do curso escolar.

Unha semana : (Entre cinco e sete días). Recoméndase para os máis pequenos da casa, estaríamos falando de nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, ou tamén para os clientes que queiran pasar unha semana diferente ou distribuír os seus recursos económicos noutras actividades de ocio e tempo de lecer.

Quincenal : (Entre dez e quince días). Este tipo de campamentos é o que se leva facendo toda a vida, e é en períodos desta duración onde podes traballar uns valores que os expertos sinalan como determinantes na formación integral dos nenos e das nenas .

>> ARRIBA  
 
RUTAS

“Vén a camiñar connosco formando parte do contorno...
impregnado de natureza”.

“A variedade de paisaxes de indescritible beleza converten estas saídas nunha
excursión predilecta para os máis aventureiros”.

Temos unha ampla e variada oferta de rutas, que van desde o sendeirismo a combinadas con piragua, con embarcacións motoras, panorámicas (en autobús) con paradas nos lugares de interese.

Sendeirismo : Para todo tipo de grupos, indistintamente do número, da idade,…

Dificultade baixa, media e alta.

Dentro das visitas-excursións que podemos realizar están:

Parque Nacional das Illas Atlánticas.

  • Paseo pola Ría de Arousa, a máis grande das Rías Baixas.
  • Os nosos antepasados: Visita ao Dolmen de Axeitos, Castros de Baroña…
  • Visita a conserveiras da zona e ao porto de Riveira, o máis importante de España en pesca de baixura, e ver a súa famosa poxa na lonxa.
  • Ruta dos escritores e as súas casas museo…
Temos rutas preparadas en función da época do ano na que se vaia realizar, en función da duración, do grupo…, chamen sen compromiso ningún, estaremos encantados de atender as súas preguntas.
>> ARRIBA