Inicio Contactar Área de Descarga Área Multimedia Área Privada
Idioma Castellano
:: A Empresa
:: Ocio e Tempo Libre
:: Ocio e Tempo Libre
:: Actividades Extraescolares
:: Actividades Extraescolares
:: Animación
:: Animación
:: Formación
:: Formación
:: Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios
:: Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios

Tendo en conta que unha intervención social é unha acción programada e xustificada desde un marco legal e teórico, que se realiza sobre un colectivo ou individuo, traballando os perfís psicoevolutivos e os sectores sociais cun dobre fin de mellorar a súa situación xerando un cambio social, eliminando situacións que xeren desigualdade, os obxectivos de GOLFIÑO Xestión de Ocio a través desta liña de traballo son:

  • Prestar servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e a participación de persoas e grupos, especialmente daqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención.
  • Ofrecer canles de información, asesoramento e formación no ámbito dos Servizos Sociais.
  • Desenvolver programas para atender as necesidades específicas da poboación, encamiñados á prevención e superación das súas problemáticas.
  • Presentar e difundir os programas e actividades co fin de concienciar a cidadanía da necesidade de actitudes participativas e solidarias no ámbito dos Servizos Sociais
  • Colaborar coas distintas Administracións Públicas na construción dun tecido social máis xusto e solidario a través de propostas, proxectos, iniciativas e programas desenvolvidos para o dito fin.
Traballamos con distintos colectivos e distintas temÁticas como son:

Minorías étnicas, terceira idade, xuventude, discapacitados, igualdade de xénero, interculturalidade…

Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios

Programamos, organizamos, dinamizamos e avaliamos proxectos de intervención social encamiñados ao desenvolvemento social, aplicando técnicas de dinámica de grupos e utilizando recursos comunitarios, culturais e de ocio e tempo libre.

A metodoloxía que utilizamos en GOLFIÑO Xestión de Ocio, ten un carácter fundamentalmente activo e de participación, onde os participantes son os principais construtores do seu coñecemento.

Esta metodoloxía está apoiada na aprendizaxe construtivista. Preténdese a adquisición de novos contidos e habilidades a través da vivencia e reflexión individual e en grupo.

>> ARRIBA  
EVENTOS
CURSOS
FORO
GALERÍA
EMPREGO
 
 
 
 
A Empresa | Ocio e Tempo Libre | Actividades Extraescolares | Animación | Formación | Intervención Social e Desenvolvemento Comunitario | Aviso Legal