O noso obxectivo fundamental en canto á formaciÓn, é dotar aos profesionais e aos voluntarios que traballan no ámbito social, de instrumentos de intervención a través de plans específicos de formación.
GOLFIÑO Xestión de Ocio imparte cursos sobre materias que axudan á formación dos animadores: artes plásticas, dramatización e actividades teatrais, animación e xogos infantís e xuvenís, dinámica de grupos, socorrismo e primeiros auxilios, etc.

En definitiva, estamos abertos a calquera tipo de cursos que poidan facilitar o labor do animador e daquelas persoas que traballen con persoas no campo, escolar, extraescolar ou no ocio en xeral.
A formación preséntase como a clave da anticipación e adaptación aos continuos cambios que se dan na sociedade actual. Cada día máis, fálase de que a formación é necesaria, imprescindible, para asumir os novos retos da sociedade. Ante estes novos retos GOLFIÑO Xestión de Ocio presenta unha proposta de formación que pretende ser unha alternativa educativa fronte ao sistema tradicional.
A aprendizaxe é fundamental ao longo da vida, máis aínda cando nos atopamos nunha sociedade en continuo cambio, nunha sociedade dinámica.
GOLFIÑO Xestión de Ocio pretende crear espazos de intercambio e debate entre formadores/as e persoas dedicadas ou interesadas no tempo libre e no ocio alternativo, centrada na educación non formal.

A educación foi limitada á escolaridade e desgraciadamente descartamos ou restamos importancia a outras prácticas, espazos e escenarios sociais que son tanto ou máis importantes para a formación das persoas (Buenfíl, 1991).
As persoas, como membros dunha sociedade aprenden as claves da súa cultura, non só na escola senón nun cúmulo de espazos, procesos, institucións, relacións persoais, recibindo mensaxes e propostas, elaborando códigos, e interpretando normas sociais, as cales abarcan non só os coñecementos como tales, senón crenzas, valores, saberes, habilidades, aptitudes e sentimentos.
A modalidade non formal non é menos importante do que o é a escola na formación dos suxeitos e coincidimos con Javier Reyes para quen: “A Educación non formal é importante porque integra o que a escola tarda ou nunca chega a incorporar aos seus programas e o que os medios de comunicación ocultan ou distorsionan” (Reyes, 2000).
|