Inicio Contactar Área de Descarga Área Multimedia Área Privada
Idioma Castellano
:: A Empresa
:: Ocio e Tempo Libre
:: Ocio e Tempo Libre
:: Actividades Extraescolares
:: Actividades Extraescolares
:: Animación
:: Animación
:: Formación
:: Formación
:: Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios
:: Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios

GOLFIÑO Xestión de Ocio é unha empresa constituída por emprendedoras que coñecen moi ben o mundo do ocio, do tempo libre, da animación, da educación…, xa que levan moitos anos traballando neste campo, desde 1997 coa creación e posta en marcha da Asociación Arrecó.

O noso propósito é a calidade. Por esta razón é necesario que tanto a metodoloxía como a didáctica pedagóxica e o persoal dedicado á realización das programacións sexa o apropiado para cada actividade. A seriedade na organización e o cumprimento nas actividades son as características que os clientes esixen para contratar os nosos servizos.

Proporcionar servizos de animación, formación, ocio e tempo libre, co mellor persoal capacitado e cualificado, para axudar os nosos clientes a optimizar os seus recursos, delegando en nós a responsabilidade clave da súa xestión.

VISIÓN
Chegar a ser a empresa líder de xestión de ocio na Comarca, mediante un servizo integral de alta calidade, buscando a mellora do benestar dos nosos usuarios.

 

VALORES
 
  • Compromiso co medio ambiente.
  • Busca da excelencia na xestión
  • Innovación para adaptarnos ás necesidades e demandas do cliente.
  • Dinamismo para adaptarnos aos cambios do mercado e busca de novas oportunidades de negocio.
  • Liderado a través dos mellores equipos de traballo.
  • Orientación ao cliente e aos resultados.
 
GOLFIÑO Xestión de Ocio dedícase a prestar servizos estruturados da seguinte maneira:
  1. Ocio e tempo libre: Realización de campamentos, campamentos urbanos, sendeirismo, excursións…
  2. Actividades extraescolares: Servizo integral ás ANPAS, aulas matinais, obradoiros variados…
  3. Animación: De eventos como: comuñóns, aniversarios, bautizos, vodas…, e de grandes eventos como: Nadal, Entroido, verán, fin de curso…
  4. Formación: Realizamos cursos monográficos sobre temas de ocio e tempo libre, así como formación continua aos nosos traballadores e traballadoras.
  5. Intervención social e desenvolvemento comunitario: Dentro deste apartado traballamos coas administracións ofrecendo os nosos servizos para facer actividades con colectivos desfavorecidos, minorías étnicas, terceira idade…

Para todo o equipo de profesionais que compón Golfiño Xestión de Ocio, é un pracer o presentarvos a nosa Proposta de Actividades e Servizos.

 

GOLFIÑO pon á vosa enteira disposición:

  • Un equipo estable e continuo, formado por Profesionais que garanten o éxito das actividades.
  • Asesoramento, apoio e cobertura do equipo de coordinadores técnicos de Golfiño, integrado por psicólogos/as, pedagogos/as, mestres/as, monitores/as…
  • E todo isto, sempre baixo a GARANTÍA, a CONFIANZA, a SEGURIDADE e a COBERTURA da Empresa GOLFIÑO Xestión de Ocio.

O noso maior desexo é poder consumar as expectativas que poñedes en nós e responder ante os nosos clientes dando o mellor de nós mesmos, facendo da aprendizaxe unha experiencia emocionante e divertida.

>SUBIR  
EVENTOS
CURSOS
FORO
GALERÍA
EMPREGO
 
 
 
 
A Empresa | Ocio e Tempo Libre | Actividades Extraescolares | Animación | Formación | Intervención Social e Desenvolvemento Comunitario | Aviso Legal