14-01-2012
Dinamización do Comercio Local no Nadal
Durante as vacacións de Nadal levamos a cabo obradoiros na rúa, inchables, tren turístico, gardería, ludoteca, charangas,...
Todo para dinamizar as rúas e favorecer o comercio local.
O grao de participación nas actividades foi moi elevado, o que fala moi favorablemente das entidades organizadoras.
14-01-2012
Concilia Nadal e Nadal Xogo
Leváronse a cabo varios obradoiros durante o Nadal para nenos e nenas de 3 a 7 anos en Riveira e parroquias. Participaron máis de 300.
Os obradoiros foron multidisciplinares realizando xoguetes con material de refugallo, adornos para o Nadal, elaboración de galletiñas, xogos, panxoliñas, manualidades, psicomotricidade,...
A valoración foi moi positiva.
14-01-2012
Ludoteca VIAMARE
A asociación e empresarios de Riveira a través do Centro Comercial Aberto VIAMARE, volveu a contar connosco para levar a cabo a Ludoteca do Nadal.
Esta ludoteca se fai para que os pais e as nais teñan onde deixar aos nenos/as facendo actividades educativas e de ocio a cargo de profesionais, mentras eles poden facer as compras de Nadal con toda tranquilidade.
Pola ludoteca e durante as festas pasaron centos de miniños.
03-10-2011
Outdoor Training
O 1 de outubro levouse a cabo o II Campamento para Monitores organizado pola Asociación Cultural, de Ocio e Tempo Libre Arrecó.
Nesta actividade levamos a parte da formación e a coordinación do Outdoor Training que se desenvolveu pola tarde.
Houbo piraguas, paintball, probas de habilidade e de destreza, rapel, tirolina, ponte mono,...
Nesta segunda edición participaron máis de 60 profesionais do mundo do ocio e do lecer.
30-08-2011
Obradoiros para Conciliar a Vida Laboral e a Familiar
O 31 de agosto rematan os obradoiros que levamos a cabo durante todo o verán para conciliar a vida laboral e familiar.
Participaron máis de 300 nenas e nenos de idades comprendidas entre os 2 e os 6 anos.