Inicio Contactar Área de Descarga Área Multimedia Área Privada
Idioma Castellano
:: A Empresa
:: Ocio e Tempo Libre
:: Ocio e Tempo Libre
:: Actividades Extraescolares
:: Actividades Extraescolares
:: Animación
:: Animación
:: Formación
:: Formación
:: Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios
:: Intervención Social e Desenvolvemento Comunitarios
 
actividades COMPLEMENTARIAS
cuble GOLFIÑO
garantía de SERVIZO
plan de apertura do CENTRO EDUCATIVO
servizo INTEGRAL
 
Actividades Extraescolares
EVENTOS
CURSOS
FORO
GALERÍA
EMPREGO
 
 
 
 
A Empresa | Ocio e Tempo Libre | Actividades Extraescolares | Animación | Formación | Intervención Social e Desenvolvemento Comunitario | Aviso Legal
 
 
actividades COMPLEMENTARIAS
 
actividades COMPLEMENTARIAS
actividades COMPLEMENTARIAS
  • Actividades de un día de duración.
  • Actividades de fin de semana de duración.
  • Actividades de unha semana de duración.
  • Festa de Nadal, festa de Entroido, festa de fin de curso.

Conmemoracións especiais: Día da árbore, da paz, da Constitución, do Estatuto de Autonomía, da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, dos Dereitos dos Nenos e das Nenas, da Muller Traballadora, do Libro, da Saúde, das Letras Galegas, do Medio Ambiente…

Contamos cun gran número de profesionais que poden facer destas celebracións un día inesquecible.

>> ARRIBA  
 
clube GOLFIÑO
 

Se estás inscrito nalgunha actividade extraescolar das que Golfiño imparte nos distintos Centros Educativos e tes entre 3 e 16 anos faite socio/a do Clube Golfiño e gozarás de moitas vantaxes.

· Desconto dun 5% en animacións para o voso aniversario, comuñóns, festas,...

· Agasallos mediante troco de puntos recibidos pola asistencia a actividades extraescolares. Consultar co voso/a profesor/a dos obradoiros.

clube GOLFIÑO
>> ARRIBA  
 
garantía de SERVIZO
 
garantía de SERVIZO

GolfiÑo S.L.N.E. conta con toda a documentación necesaria e esixida por Lei para impartir e xestionar tódalas actividades derivadas da posta en marcha do Plan de Apertura de Centros Educativos, podendo achegar toda a documentación requirida ao enderezo do centro en calquera momento.

Oferta ampla e global de actividades, ampliables e adaptadas ás necesidades do centro.

Xestión, coordinación e avaliación do programa a través dunha organización empresarial e profesional.

Equipo multidisciplinar de coordinación, seguimento e avaliación por centro.

Póliza de seguro de responsabilidade civil de 300.000 euros.

Prevención de riscos laborais.

Equipo de monitores/as cualificados/as e asegurados/as que garanten o correcto funcionamento de cada unha das áreas, tendo a titulación, experiencia e formación necesaria para o desenvolvemento da actividade da cal son responsables.

• Substitución inmediata do persoal en caso de baixa laboral.

>> ARRIBA  
 
 
plan de apertura do CENTRO EDUCATIVO
 

O Plan de Apertura de Centro ten como obxectivo ofrecer ao alumnado unha oferta de xornada escolar máis ampla, dando así unha resposta educativa ás demandas dos actuais modelos de organización familiar e procurando facilitar a busca de novas fórmulas de organización escolar que coas que se potencien centros abertos, con autonomía organizativa e de xestión.

Non é doado conciliar a vida familiar coa profesional. Os distintos horarios de pais e fillos á hora de empezar a xornada laboral ou escolar é un exemplo dos problemas que se lles presentan diariamente a moitas familias.

AULA MATINAL

É un servizo encamiñado a conciliar a vida laboral e familiar e orientado para aqueles pais que por razóns laborais non poden estar cos seus fillos entre as 7:30 e as 9:00 horas da mañá, hora na que comezan as clases. Este servizo consiste na Atención Educativa dos nenos/as da etapa de Educación Infantil e Primaria.

Durante este período de tempo, procédese:

  • Benvida, acollida e control de todos/as os alumnos/as á entrada do centro.
  • Almorzo mediterráneo, san, equilibrado e acorde ao gasto enerxético que os alumnos/as necesitan nun día escolar (zumes, froita, leite, cacao, pan, aceite e galletas).
  • Educación e hixiene bucodental.
  • Programa de actividades non regradas, de relaxación, descanso e apoio adaptadas ás diferentes idades, que propicien unha progresión correcta de incorporación do alumno/a á aula.
  • Limpeza e recollida da aula matinal.
  • Acompañamento dos alumnos/as ás súas aulas correspondentes.

Está aberta a calquera alumno/a que queira facer uso dela.

educación e hixiene

A aula matinal aprovéitase como unha actividade de gran valor educativo na que se traballan contidos de educación para a saúde: hábitos de hixiene persoal (lavado de mans antes e despois do almorzo, cepillado de dentes), necesidade dunha dieta sa e equilibrada, coa educación.

As actividades que se realicen despois de almorzar serán de media-baixa ou baixa intensidade, adaptadas ás diferentes idades dos asistentes:

• Xogos de mesa

• Lecturas

• Proxeccións

• Realización de tarefas escolares

Monitores de comedor

Este servizo ofértase aos Centros de Ensino que teñen comedor escolar, nos que quedarán os monitores a cargo dos nenos e nenas ata a hora de empezar as clases.

Os monitores recollen e deixan os nenos e nenas directamente nas súas aulas.

monitores de comedor

Actividades extraescolares

As actividades extraescolares convertéronse nun complemento da xornada escolar de moitos rapaces e nun desafogo para os pais cunha axenda laboral demasiado apretada.

Os expertos sinalan que as actividades extraescolares son útiles na medida en que favorecen o desenvolvemento persoal do neno/a e que este debe vivilas como unha experiencia lúdica, como un tempo dedicado ao xogo distinto ás clases convencionais. Á hora de elixir unha actividade educativa ou deportiva para o voso fillo ou vosa filla, é fundamental contar coa súa opinión favorable. Do contrario, ao pouco tempo sentirase desmotivado e terminará odiando a dita actividade. Tampouco se pode abusar delas. Un neno/a non está preparado/a para soportar unha xornada de adulto e unha sobresaturación pode ocasionarlle estrés emocional.

actividades extraescolares

Estas actividades de carácter social e educativo, están enfocadas a estimular os nenos/as e mozos/as as súas interrelacións humanas así como as súas iniciativas no campo do deporte, a cultura, o ocio, a familia, etc.

A continuación pasamos a presentarlle os distintos tipos de actividades que se poden desenvolver. Sobre estas a ANPA ou o centro elixirán as máis indicadas segundo as súas necesidades e características.

Ademais toda esta organización é perfectamente compatible e coordinable coa dirección do colexio e a ANPA.

Actividades individuais

Ximnasia Rítmica

Deporte feminino que fomenta calidades físicas como a coordinación e a flexibilidade, ademais de incluír aspectos artísticos como coreografías con música, etc...

Artes Marciais

Judo, karate, taekwondo, etc... Confianza, seguridade, equilibrio e fortaleza física son as principais calidades desenvolvidas neste tipo de deportes, practicados tanto por nenos como por nenas, destacando nestas últimas a súa astucia e a súa viveza.

Natación

Considerado como un dos deportes máis completos, os seus efectos sobre o desenvolvemento harmónico dos nenos é excelente.

Aeróbic Infantil e Adulto

Esta actividade que, cada día ten máis practicantes mestura de forma natural os efectos fisicamente positivos da súa práctica: resistencia, coordinación, etc... con outros como o sentido do ritmo.

Psicomotricidade

Dirixida aos máis pequenos (3-4 anos), os seus obxectivos principais son conseguir un adecuado desenvolvemento psicomotriz do neno, e estimular o crecemento.

Xadrez

Dirixido a nenos e adultos, desenvolve de maneira perfecta a coordinación, psicomotricidade e a rapidez mental, sendo ademais un deporte de recoñecido prestixio a nivel emocional.

Patinaxe artístico

Este deporte de equilibrio e graza é moi divertido na súa práctica e, como a ximnasia rítmica tamén ofrece parte artística con coreografía, etc...

Actividades colectivas

Balonvolea, fútbol, fútbol sala, balonmán, baloncesto, etc...

Todos estes deportes de tipo colectivo caracterízanse por fomentar nos nenos un sentido de compañeirismo e solidariedade, ademais de desenvolver, en función da actividade que sexa, as distintas calidades físicas.

Ademais e enfocado ás nais e pais de alumnos mentres esperan por eles durante as actividades, podemos organizar: ximnasia de mantemento, aeróbic, etc...

A todas estas actividades propostas pódense engadir as que a ANPA considere oportunas, aínda que non estean incluídas neste proxecto.

É importante resaltar que todo o persoal estaría contratado, sendo GOLFIÑO Xestión de Ocio S.L.N.E. o responsable absoluto da súa situación laboral.

Posibles actividades extraescolares:

Actividades Infantís

Expresión e creatividade, Debuxo e pintura, Obradoiro de inglés, Coñece a música, Pequenos científicos, Tarde divertida, Obradoiros tradicionais, Animación á lectura, Xogos predeportivos, Educación ambiental, Programa multiactividade, Obradoiro de informática e comunicación I e II, Obradoiro de teatro, Obradoiro de prensa, Polideporte, etc.

Actividades para pais e nais

Deportivas : Ximnasia de mantemento, aeróbic, baile e danza, ioga, etc. Culturais: Teatro, fotografía, cursos monográficos, cociña, etc. Obradoiros creativos: Traballos manuais de todo tipo, restauración, debuxo e pintura, encaixe de palillos, tapiz, téxtil, plantas de interior, obradoiros tradicionais, etc. Educativas: Obradoiros de educación ambiental, reciclado e reutilizado, educación para a saúde, tolerancia e igualdade, habilidades sociais, etc. Novas Tecnoloxías: Informática (iniciación e perfeccionamento), Internet, foto dixital, etc.

Apertura do Centro en épocas de vacacións

Este servizo ao igual que a aula matinal vai encamiñado a conciliar a vida laboral e familiar e orientado para aqueles pais e nais que por razóns laborais non poden estar cos seus fillos, todo o tempo que quixesen, durante os períodos de vacacións de verán, Nadal, Entroido e Semana Santa.

A nosa proposta vai máis alá dun obradoiro de traballos manuais ou unha actividade para realizar un traballo concreto. Ofertamos a creación dun espazo onde os escolares poden relacionarse entre eles a través do xogo. Contarán cunha ampla variedade de actividades: xogos colectivos, xogos de mesa, xogos tradicionais, xogo libre, asembleas, animación lectora, pequenos obradoiros, festas e grandes xogos...

Neste programa os participantes contarán cun espazo onde afondar nas relacións de amizade cos seus compañeiros de clase, pero tamén para relacionarse con nenos/as doutras idades. Descubrirán os valores do xogo, aprendendo a xogar como unha ferramenta imprescindible para que no seu futuro medren como persoas.

>> ARRIBA  
 
 
servizo INTEGRAL
 

• Deseño do programa de actividades extraescolares, integrado no proxecto educativo do centro.

• Promoción das actividades entre pais/nais e alumnos/as.

• Organización de inscricións, grupos, recepción de cotas e información aos pais/nais.

• Un día á semana, no propio centro, horario de atención aos pais/nais.

• Información trimestral escrita de obxectivos e contidos de cada actividade.

• Cobro da actividade por horas, sen contabilizar aquelas que coincidan con festivos.

• Supervisión e avaliación continua de todas as actividades e seguimento individual de cada participante.

• Elaboración conxunta dun documento no que GOLFIÑO se responsabilice do uso das aulas e material do colexio durante as actividades, posibilitando a utilización de espazos escolares fóra do horario habitual, sen que sexa necesaria a permanencia de conserxes ou outro persoal laboral do centro.

• Avaliación final de todas as actividades mediante un cuestionario anónimo repartido entre os pais/nais, e estudo estadístico da demanda de actividades por parte de pais/nais e alumnos/as.

• Regularización laboral do persoal que está ao cargo das actividades.

• Seguro de responsabilidade civil para todas as actividades.

vantaxes do noso
SERVIZO
vantaxes do noso SERVIZO

Co fin de realizar unha axeitada programación das actividades nos diferentes centros de ensino, resulta conveniente a reserva dos diferentes programas tan pronto como sexa posible. Ademais, contratando o noso programa de Xestión integral de actividades extraescolares a súa entidade gozará da seguinte serie de vantaxes.

  • Comodidade e seguridade para a ANPA, centro escolar e alumnos: atención aos pais, seguimento das actividades, cobros, contratos e seguros.
  • Regularización económica das cotas e dos cartos relacionados coas actividades extraescolares. GOLFIÑO contabiliza e declara todos os movementos contables que xeran as actividades extraescolares, liberando da responsabilidade tributaria ao centro escolar e á ANPA.
  • Tramitación bancaria de cotas, pagos e cobros, así como unha xestión informatizada de inscricións, participantes, avaliacións...
  • Colaboración coa ANPA na posible realización dunha exposición final de traballos realizados. O noso persoal indicará aqueles traballos que poden ser seleccionados.
  • Parte mensual de asistencias e incidencias, que será remitido á ANPA xunto coa factura dos días efectivamente traballados do mes.
  • Memoria final sobre o desenvolvemento dos traballos. Estará acompañada dun CD con fotografías dixitalizadas das actividades.
  • Contacto directo cos pais/nais daqueles nenos/as que falten dúas veces seguidas ou no mesmo mes á actividade.
>> ARRIBA